PARQUE FC
O Parque FC non é só un equipo de fútbol. É un grupo de amigos que se propuxeron revivir o que significaba ir ao parque a xogar cun balón cando éramos nenos. Xogar sen pensar en nada máis que en pasalo ben. Pero tamén é un grupo de amigos convencidos de que esta sensación é a que calquera que xogue ao fútbol hoxe debería seguir tendo. Sen importar a súa idade, diñeiro ou orixe.
En Parque, crémos firmemente que o fútbol, e o deporte en xeral, deberían contribuír á sociedade, unir culturas e derrubar barreiras de clase. Por iso se creou este proxecto, para dar exemplo e seguir construíndo nun campo que debería ser para xogar.
Parque FC, fútbol social e popular.
MYSTERY BOX
Unha caixa de madeira de dous metros deixada entreaberta no centro de Vigo foi suficiente para suscitar curiosidade polo noso proxecto. Moita xente detívose para botar unha ollada exclusiva ao noso primeiro kit para 2025.
FÚTBOL POPULAR
Desenvolvemos a campaña "Fútbol Popular" para presentar a camiseta e os pantalóns curtos como uniforme do domingo. Oscar e Xoel, xogadores do Parque FC e defensores do escudo cada domingo, están a participar.
Temos a nosa propia conta de Instagram onde organizamos un pool de apostas cada día de partido e podes gañar premios. Séguenos en @parque.futbol.club para que non perdas ningunha novidade sobre o equipo, xa que pronto haberá importantes. ;).















